Enerxe - Plataforma Tecnolóxica Galega de Enerxía
  
Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en Galicia
Luns, 19 de Outubro do 2009
Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en GaliciaO próximo 28 de outubro terá lugar a Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en Galicia. O seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o seu traballo destes últimos anos, en concreto, o seu Documento de visión a 2030 e o documento de Liñas Estratéxicas de Investigación da Plataforma.

Posteriormente as Plataformas Tecnolóxicas Galegas de Enerxía (ENERXE), Forestal (DEVESA) e Medio Ambiente (ENVITE), que organizan o acto xunto coa Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona, darán a coñecer os asistentes as súas axendas estratéxicas e principais liñas de investigación, centrándose no ámbito da biomasa.

Finalmente, terán lugar 3 sesións paralelas, promovidas polas 3 plataformas galegas, organizadas como grupos de traballo temáticos con participación dos asistentes que o desexen para fomentar propostas de colaboración entre as entidades adheridas ás plataformas participantes na xornada.

Para poder inscribirse, é preciso enviar o formulario cuberto á dirección: Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver  antes do 26 de outubro.

Documentación:

Convite BIOPLAT (PDF, 860 KB)
Programa (PDF, 626 KB)
Formulario de inscrición (Word, 38 KB)
 
e-fishing 2010
Xoves, 22 de Outubro do 2009
e-fishing 2010En maio de 2010, organizarase en Vigo (España) un simposio centrado na eficiencia enerxética nos buques pesqueiros.

E-FISHING 2010 é a primeira dunha serie de conferencias bianuais dedicadas ao estudo da eficiencia enerxética no mundo da pesca. Este simposio pretende ser un foro onde os expertos presentarán os últimos avances en investigación e desenvolvemento destinados a mellorar a eficiencia enerxética dos buques pesqueiros e dos sistemas.

Díptico co CALL FOR PAPERS (PDF, 1,49 MB) do Simposio animando a todos os actores implicados a participar.
Ler máis...
 
Retos e oportunidades para o sector enerxético en Galicia
Xoves, 17 de Setembro do 2009
Retos e oportunidades para o sector enerxético en GaliciaO sector enerxético na Comunidade Autónoma de Galicia é un sector de grande importancia estratéxica, que no ano 2008 representou o 3,5% do PIB galego, fronte ao 2,6% de aporte deste sector ao PIB en España. En Galicia pódese observar a aproximación da achega do sector enerxético ao sector primario (agricultura, gandaría e pesca) que o pasado ano foi do 4% sobre o total do PIB, cando no 2000 o seu valor foi do 6,2%. De feito, a evolución de ambos os dous sectores na economía galega durante os últimos anos foi oposta. O sector primario está a perder peso progresivamente, nunha tendencia similar á do resto do Estado.

A importancia crecente do sector vese maximizada pola conxuntura económica actual xa que a enerxía é un factor de produción básico e xeralmente insubstituíble para calquera proceso produtivo, sendo ademais un ben imprescindible para todos os consumidores. Esta importancia crecente fai que o sector enerxético galego se enfronte, ao igual que no resto do noso contorno de referencia, a retos de gran calado e que están cada vez máis presentes na axenda pública: a capacidade de cubrir unha demanda de enerxía crecente no longo prazo e ademais facelo de xeito seguro, sostible co medio natural e eficiente económicamente.
Ler máis...
 
Monografías Enerxe - Volume III, PEMFC
Martes, 04 de Agosto do 2009
Monografías Enerxe - Volume III, PEMFCA Secretaría Técnica de Enerxe presenta o volume monográfico número 3 titulado "PEMFC – Pilas de combustible de membrana de intercambio protónico". Con esta edición remata a serie temática sobre as tecnoloxías do hidróxeno iniciada nas dúas anteriores publicacións: Monografías volume 1: “Produción, transporte e almacenamento de hidróxeno” e Monografías volume 2: “Pilas de combustible”.

Este traballo describe a tecnoloxía PEMFC, que hoxe en día é a máis versátil en canto a variedade de potencias e aplicacións. Agárdase que teñan un grande impacto na automoción, nas aplicacións portátiles e en sistemas de baixa potencia. Nestes campos non teñen prácticamente alternativa, se consideramos as pilas de metanol directo como unha categoría de PEM. A pesar das súas vantaxes, o seu proceso de introducción no mercado estase a ver ralentizado, debido fundamentalmente o seu elevado coste e ós problemas de durabilidade. O problema de coste verase solventado cando se estableza a producción a escala industrial. Os avances tecnolóxicos encamiñados a resolver os problemas de durabilidade e os obxectivos en horas de vida en servizo, aparecen descritos neste documento.

Documento: Monografías Enerxe – Volume III, PEMFC - Pilas de combustible de membrana de intercambio protónico (PDF, 1,71 MB)
 
Enerxía VII PM - Publicación Convocatorias 2010
Venres, 31 de Xullo do 2009
Enerxía VII PM - Publicación Convocatorias 2010O día 30 de xullo publicáronse as convocatorias pertencentes ao ano 2010 do programa cooperación do VII Programa Marco para o tema de Enerxía. O actual Programa de Traballo e a información referente a cada convocatoria pódese encontrar no seguinte enlace. Debido á complexidade do novo Programa de Traballo (que conta con sete identificadores de convocatoria diferentes), a continuación preséntase un resumo que axuda a identificar as convocatorias:

Enerxía VII PM - Publicación Convocatorias 2010

Ler máis...
 
Grove Fuel Cell Symposium – 11ª Edición
Venres, 31 de Xullo do 2009
O Grove Fuel Cell Symposium é o evento máis importante das tecnoloxías de pilas de combustible en Europa, a súa 11ª edición terá lugar en Londres entre o 22 e o 24 de setembro. Neste evento trataranse temas como as novas aplicacións de pilas para edificios (Sistemas SAI, xeración distribuída, integración con outras renovables...), tecnoloxías de produción de hidróxeno e as súas infraestruturas, vehículos, sistemas portátiles e a integración das pilas de combustible e o hidróxeno nos sistemas de xeración e nas redes de enerxía.

Grove Fuel Cell Symposium – 11ª Edición

Máis información na web do evento.
 
Monografías Enerxe - Volume II, Pilas de Combustible
Venres, 29 de Maio do 2009
Monografías Enerxe - Volume II, Pilas de CombustibleA Plataforma Enerxe presenta a súa segunda publicación monográfica titulada "Pilas de Combustible". Nesta nova publicación faise un percorrido pola historia dous distintos tipos de pilas, dende a primeira batería voltaica de gas presentada en 1842 por William R. Grove ata as diferentes tecnoloxías actuais. Non Volume II se desenvolven os principios básicos de funcionamento das pilas, o análise da súa eficiencia, e das diferentes perdas que fan que a curva de polarización se desvíe do valor teórico.

A pila de combustible é un dispositivo que opera de xeito similar a unha batería, pero, ao contraria desta, non se esgota nin necesita recarga. Mentres lle sexa subministrado "combustible" producirá enerxía en forma de calor e electricidade. Nun sistema enerxético baseado no hidróxeno os vectores enerxéticos serían o hidróxeno e a electricidade, mutuamente complementarios. A electricidade pódese conseguir a partir do hidróxeno en pilas e o hidróxeno pódese obter a partir da electricidade mediante a electrólise da auga. Este conxunto cumpre as dúas condicións necesarias dun sistema enerxético sostible, posibilita o almacenamento de enerxía e é un produto enerxético que pode transportarse a longas distancias.

Documento: Monografías Enerxe – Volume II, Pilas de Combustible. Versión: Galego (PDF, 1,12 MB), Castelán (PDF, 1,12 MB)
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 1 - 7 de 91
Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación   Innovación, Ciencia e Tecnoloxía     Neurona - Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas