|
Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en Galicia |
|
Luns, 19 de Outubro do 2009 |
O próximo 28 de outubro terá lugar a Presentación da Plataforma Tecnolóxica Española da Biomasa (BIOPLAT) en Galicia. O seu obxectivo é dar a coñecer e difundir o seu traballo destes últimos anos, en concreto, o seu Documento de visión a 2030 e o documento de Liñas Estratéxicas de Investigación da Plataforma.
Posteriormente as Plataformas Tecnolóxicas Galegas de Enerxía (ENERXE), Forestal (DEVESA) e Medio Ambiente (ENVITE), que organizan o acto xunto coa Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona, darán a coñecer os asistentes as súas axendas estratéxicas e principais liñas de investigación, centrándose no ámbito da biomasa.
Finalmente, terán lugar 3 sesións paralelas, promovidas polas 3 plataformas galegas, organizadas como grupos de traballo temáticos con participación dos asistentes que o desexen para fomentar propostas de colaboración entre as entidades adheridas ás plataformas participantes na xornada.
Para poder inscribirse, é preciso enviar o formulario cuberto á dirección:
Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesita ter o Javascript activado para podelo ver
antes do 26 de outubro.
Documentación:
Convite BIOPLAT (PDF, 860 KB)
Programa (PDF, 626 KB)
Formulario de inscrición (Word, 38 KB)
|