Enerxe - Plataforma Tecnolóxica Galega de Enerxía
  
Plan de acción
Os pasos seguintes que se deben dar na PT son:

  • Definir e aprobar o Documento de Visión (Maio 2008)

  • Definir e aprobar a Axenda Estratéxica de Innovación (Setembro 2008)

  • Consolidar a estrutura organizativa e de xestión de Enerxe

  • Xerar proxectos para as convocatorias dos plans e programas de financiación autonómicos, estatais e comunitarios de innovación

  • Promover a creación de Grupos de Traballo en I+D+i para as áreas definidas na Axenda Estratéxica de Innovación

  • Promover proxectos conxuntos de I+D+i con outras Plataformas Tecnolóxicas, especialmente no ámbito da integración enerxética

  • Procura de novos adheridos

Un dos principais obxectivos é a elaboración da Axenda Estratéxica e o procedemento proposto para a elaboración desta é o seguinte:

Procedemento de traballo

Os prazos para este procedemento son:


Tarefas Prazo
Configuración paneis expertos Finais abril 2008
Documentos de traballo Finais maio 2008
Elaboración AEI Setembro 2008
 
Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación   Innovación, Ciencia e Tecnoloxía     Neurona - Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas