Enerxe - Plataforma Tecnolóxica Galega de Enerxía
  
17ª conferencia e exposición europea da biomasa
Venres, 19 de Decembro do 2008
17ª conferencia e exposición europea da biomasaA 17ª Conferencia e Exposición Europea da Biomasa (Investigación, Industria e Mercados) é una referencia para os principais expertos da biomasa no mundo. Terá lugar no CCH, Centro de Congresos de Hamburgo, Alemaña, entre o 29 de xuño e o 3 de xullo do 2009. Agárdase unha asistencia de máis de 1.500 participantes de 70 países. A exposición transcorre en paralelo á conferencia, e ofrecerá as primeiras compañías e os productos máis avanzados na industria da biomasa. A conferencia estará acompañada por talleres e foros, que xunto cun programa social atractivo, completan este acontecemento internacional.

Máis información www.conference-biomass.com.
 
Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas Neurona en Bruselas
Mércores, 26 de Novembro do 2008
Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas Neurona en BruselasO próximo día 3 de decembro, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación presentará oficialmente en Bruselas a Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas Neurona, ante os principais organismos públicos e axentes europeos relacionados coa Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Na presentación, o Director Xeral de I+D+i, Salustiano Mato de la Iglesia estará acompañado por representantes das Plataformas Agroalimentaria, TIC Vindeira e de Biotecnoloxía.

Para obter máis información, pódese acudir á web da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación, no seguinte link.
 
Vehículo eficiente: Encontro Tecnolóxico
Xoves, 20 de Novembro do 2008
Vehículo eficiente: Impactos e oportunidades das novas propulsións nos compoñentes do automóbil

O día 4 de decembro terá lugar en Madrid este Encontro Tecnolóxico, que ten por obxecto coñecer o impacto que sobre o sector de compoñentes de automoción terán os novos carburantes así como as melloras nos motores actuais e os novos sistemas de propulsión. Estas innovacións e desenvolvementos suporán para o sector novas oportunidades tecnolóxicas e de negocio. Sen dúbida, un desafío interesante para as empresas que teñen que adicar á I+D+i un esforzo crecente e sostido. O Encontro está organizado por Fundación Instituto Tecnolóxico para a Seguridade do Automóbil (FITSA) e o IDAE.
Vehículo eficiente: Impactos e oportunidades das novas propulsións nos compoñentes do automóbil

O programa do encontro e o boletín de inscrición atópanse no seguinte link.
 
II Xornada sobre Xeración Minieólica e as súas aplicacións
Xoves, 20 de Novembro do 2008
II Xornada sobre Xeración Minieólica e as súas aplicaciónsCelébrase o 2 de decembro de 2008 no salón de actos do CIEMAT, en Madrid. O obxectivo é, partindo dunha visión xeral do estado actual da tecnoloxía minieólica, estimular o debate por parte de todos os axentes implicados no seu desenvolvemento para detectar as posibles barreiras tecnolóxicas, industriais, normativas, económicas, arquitectónicas, ambientais ou de aceptación social que poidan limitar a utilización desta tecnoloxía e formular posibles estratexias que permitan superalas.
Ler máis...
 
O proxecto BioSOFC chega a Galicia
Mércores, 12 de Novembro do 2008
O proxecto BioSOFC chega a GaliciaEste proxecto, encadrado dentro do Programa Life, pretende utilizar pilas SOFC aproveitando o biogás producido polos residuos orgánicos procedentes dos vertedoiros ou da dixestión anaeróbica. O principal obxectivo deste proxecto internacional é demostrar os beneficios enerxéticos, ambientais e económicos que pode chegar a proporcionar a implantación de sistemas de coxeneración baseados en pilas de combustible de óxido sólido, alimentadas con biogás de diferentes calidades.
Ler máis...
 
GENERA'09, Feira Internacional de Enerxía e Medio Ambente
Mércores, 05 de Novembro do 2008
GENERAGENERA'09, Feira Internacional de Enerxía e Medio, celebrará a súa 12ª edición do 12 ao 14 de Maio de 2009 en Feira de Madrid como punto de encontro e negocio do sector das enerxías renovables. A feira, con carácter anual dende a pasada edición, reflicte a relevancia dun sector en expansión e cheo de oportunidades en España grazas a unha progresiva concienciación social e empresarial e, moi especialmente, polo efecto dun marco normativo que favorece o seu desenvolvemento.
Ler máis...
 
Galería de Innovación, GENERA'09
Martes, 04 de Novembro do 2008
Galería de Innovación, GENERA´09De forma paralela á Feira Internacional de Enerxía e Medio, GENERA'09, haberá un completo programa de xornadas técnicas e conferencias, que abordarán unha ampla temática en torno aos diferentes sectores enerxéticos contemplados na feira. Convócase a 2ª edición da sua GALERIA DE INNOVACIÓN onde se mostrarán algunhas das principais liñas de investigación do momento en materia de enerxías renovables e eficiencia enerxética.
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 36 - 42 de 91
Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación   Innovación, Ciencia e Tecnoloxía     Neurona - Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas