Enerxe - Plataforma Tecnolóxica Galega de Enerxía
  
Xornada: A eficiencia enerxética en edificios de nova construción
Venres, 26 de Setembro do 2008
Xornada: A eficiencia enerxética en edificios de nova construciónA Fundación Bureau Veritas organiza esta xornada dentro das actividades do Salón da Construción, en Madrid, o día 8 de outubro en IFEMA. Nesta Xornada preténdese informar e debater (dende os diferentes puntos de vista dos compoñentes do debate) sobre o conxunto de accións que permiten optimizar a relación entre a cantidade de enerxía consumida e os produtos e servizos finais obtidos, neste caso os edificios.

Programa da xornada (PDF, 828 KB)
Páxina web: http://www.ifema.es/ferias/construtec/default.html

 
Calendario de peche do VII Programa Marco da Unión Europea
Xoves, 04 de Setembro do 2008
Calendario de peche do VII Programa Marco da Unión EuropeaA OPIDi informa da publicación das convocatorias pertencentes ao VII Programa Marco da Unión Europea. O programa de Cooperación ten como quinta área temática a Enerxía. O obxectivo e adaptar o actual sistema enerxético para facelo máis sostible, menos dependente de combustibles importados, baseado nunha ampla combinación de fontes de enerxía, en particular as enerxías renovables, os vectores de enerxía e as fontes non contaminantes. Outro obxectivo e a mellora da eficiencia enerxética, entre outras cousas, para racionalizar o uso e o almacenamento de enerxía.
Ler máis...
 
Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas Neurona en Bruselas
Xoves, 04 de Setembro do 2008
Presentación da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas Neurona en Bruselas Para o ultimo trimestre deste ano 2008, está prevista a presentación oficial da Rede de Plataformas Tecnolóxicas galegas Neurona en Bruselas, para dar a coñecer a nivel europeo a creación da rede e os resultados obtidos ata o momento.

Neste evento, a Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación presentará ante os principais axentes europeos relacionados coa I+D+I a Rede Neurona formada polas 14 Plataformas tecnolóxicas galegas constituidas ata o momento.
Ler máis...
 
Convocatorias de I+D+I: Acción Estratéxica de Enerxía e Cambio Climático
Venres, 29 de Agosto do 2008
Convocatorias de I+D+I: Acción Estratéxica de Enerxía e Cambio ClimáticoA Acción Estratéxica está convocada polo Ministerio da Presidencia. Ten por obxectivo favorecer un modelo enerxético sostible que fomente o uso das fontes de enerxías renovables, a eficiencia enerxética, o desenvolvemento de tecnoloxías de combustión limpa ou tecnoloxías emerxentes e o avance nas áreas da mobilidade sostible e o cambio modal no transporte, a promoción da edificación sostible e as áreas de mitigación do cambio climático non enerxéticas, observación do clima e adaptación ao cambio climático.
Ler máis...
 
Xornada de información Convocatorias de Enerxía 2009 - VII Programa Marco
Martes, 29 de Xullo do 2008
Xornada de información Convocatorias de Enerxía 2009 - VII Programa MarcoO vindeiro día 19 de setembro terá lugar en Madrid a Xornada de Información de Enerxía (Convocatoria 2009) do VII Programa Marco de I+D, organizada polo Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial. A xornada está dirixida a difundir as oportunidades desta nova convocatoria, a cal será publicada a principios de setembro. Contémplase a posibilidade de organizar reunións, previamente concertadas, cos representantes da Comisión Europea (DG-TREN), para tratar de avaliar a adecuación das ideas de propostas aos obxectivos da CE.
Ler máis...
 
Convocatoria Proxectos e Redes de I+D+i en Cooperación UE - México
Martes, 15 de Xullo do 2008
Convocatoria Proxectos e Redes de I+D+i en Cooperación UE - MéxicoConvocatoria do FONCICYT (Fondo de Cooperación Internacional en Ciencia e Tecnoloxía Unión Europea–México): iniciativa pioneira que representa unha aposta pola innovación, a investigación científica e o desenvolvemento tecnolóxico como eixes para un desenvolvemento socioeconómico sustentable.

Obxectivo: impulsar a cooperación científico–tecnolóxica entre entidades mexicanas e europeas a través do financiamento de proxectos e redes conxuntas de investigación, desenvolvemento tecnolóxico e innovación.

Prazo de convocatoria: ata o 17 de setembro de 2008.

http://www.conacyt.mx/Fondos/FondosCooperacionInternacional.html
Ler máis...
 
Convocatoria Programa People
Xoves, 10 de Xullo do 2008
Convocatoria Programa People“Redes de Formación Inicial (ITN)” (FP7-PEOPLE- ITN-2008): As ITN son redes de organizacións privadas e universidades que colaboran para formar investigadores co obxectivo de mellorar as súas perspectivas profesionais tanto no sector público como privado.

Prazo de convocatoria: ata o 2 de setembro de 2008 ás 17:00h.

Detalle da convocatoria
Ler máis...
 
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>

Resultados 57 - 63 de 91
Xunta de Galicia - Consellería de Innovación e Industria - Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación   Innovación, Ciencia e Tecnoloxía     Neurona - Rede de Plataformas Tecnolóxicas Galegas