|
Xoves, 10 de Xullo do 2008 |
Novo portal web lanzado recentemente pola Comisión Europea. Facilita a procura de oportunidades de emprego aos investigadores e a comunicación con outros investigadores e organizacións.
EURAXESS ofrece un punto único de acceso á información e a servizos de apoio. Consta de catro seccións: empregos, servizos, dereitos e enlaces de interese.
http://ec.europa.eu/euraxess/index_en.cfm |
|
|
Mércores, 18 de Xuño do 2008 |
O pasado mércores 18 de Xuño tivo lugar a II ASEMBLEA XERAL da Plataforma Española de Redes Eléctricas FUTURED no salón de actos de UNESA, en Madrid.
Durante a xornada deuse a coñecer o Plan de Desenvolvemento e Despregamento, o Proxecto FUTURED, así como todas as iniciativas que se están levando a cabo na devandita plataforma.
www.futured.es |
|
|
Venres, 13 de Xuño do 2008 |
O pasado 29 de maio de 2008 publicáronse no B.O.E. as bases para a convocatoria 2008 do programa de axudas para proxectos estratéxicos de inversión en aforro e eficiencia enerxética do IDAE, dotada con 60 millóns de euros. |
|
Ler máis...
|
|
|
Martes, 10 de Xuño do 2008 |
Os próximos días 17 e 18 de Setembro de 2008, a Rede de Investigación en Biomasa e Agroenerxía (REDEBIOA), organiza a “Primeira Xornada de Intercambio de I+D+i de Biomasa e Agroenerxía”, que terá lugar no Salón de Graos da Facultade de Ciencias en Lugo.
Nesta convocatoria exporanse as solucións ás posibles necesidades e problemas da empresa e a Administración.
|
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
O vindeiro mércores 4 de Xuño terá lugar o Panel de Expertos en Eficiencia Enerxética de ENERXE no Hotel Torres de Compostela, en Santiago.
No panel levarase a cabo unha conferencia acerca dos Indicadores sectoriais de Eficiencia Enerxética, a cargo de D. José Javier Guerra, de Unión Fenosa.
Os obxectivos da reunión son debater a situación en Galicia a nivel de eficiencia enerxética, e consensuar as liñas estratéxicas nas que traballar para o seu desenvolvemento.
Á súa conclusión definiranse os próximos pasos para continuar os traballos que resultarán na Axenda Estratéxica de Innovación do sector.
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
A semana pasada tivo lugar a primeira reunión de traballo dos responsables de ENERXE para a investigación en enerxía Mariña, na que analizáronse 4 áreas de interese en relación con este recurso enerxético: enerxía das olas; enerxía das correntes; e eólica mariña de costa e lonxe da costa.
Tras un primeiro análise, definíronse as liñas de traballo a desenvolver nas próximas semanas para continuar profundizando nas posibilidades de explotación en Galicia da enerxía do mar.
|
|
|
Venres, 30 de Maio do 2008 |
Os vindeiros días 29, 30, 31 de maio e 1 de xuño terán lugar no Pazo da Cultura de Carballo as cuartas “Xornadas de Enerxías Renovables e Aforro Enerxético”, organizadas por AXOBER e orientadas tanto a profesionais coma ó público en xeral.
Este ano e como novidade con respecto a convocatorias anteriores, celebrarase un simposio sobre Medio Ambiente e Cambio Climático como resposta á trascendencia e sensibilización que esta materia provoca.
ENERXE participa nestas xornadas a través da presentación da Plataforma Tecnolóxica que o Sr. Don J. Álvarez Carril, director do INEGA, levará a cabo o próximo venres 30.
Máis información
|
|
|
<< Inicio < Ant. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 64 - 70 de 91 |