|
Xoves, 27 de Marzo do 2008 |
Hoxe, día 28 de Marzo de 2008, publicouse no DOG a Orde pola que se establecen as Bases dos Programas Sectoriais de Investigación Aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE) e se procede a súa convocatoria para o ano 2008. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 28 de Marzo do 2008 |
O pasado xoves, 27 de Marzo de 2008, celebrouse a 1ª Asemblea Xeral de ENERXE na sede do FEUGA en Santiago de Compostela.
Á Asemblea asistiron case 40 persoas en representación de empresas, centros, institucións e grupos de investigación. No transcurso do acto déronse a coñecer as actividades realizadas pola Plataforma ata o día de hoxe e describíronse as actividades e obxectivos previstos para o ano 2008.
Un dos puntos fundamentais da Asemblea foi a aprobación do Documento de Regulamento Interno da Plataforma e a definición dos Paneis de Expertos nos que comezar a traballar.
Descargar Orde do Día
Descargar Presentación
Descargar Regulamento Interno
Descargar Acta Asemblea 27.03.2008 (Para acceder é necesario introducir usuario e contrasinal)
Ademais, na segunda parte da Asemblea, tiveron lugar tres xornadas de información, dúas relativas a convocatorias de axudas no ámbito enerxético e a última relativa a un proxecto singular estratéxico que se está a desenvolver en Galicia.
Descargar Presentación Axudas INEGA (PDF, 2 MB)
Descargar Presentación Axudas I+D (PDF, 285 KB)
Descargar Presentación “Peixe Verde” (PDF, 11 MB)
Nesta Asemblea acordouse que as distintas entidades adheridas deberían cubrir a seguinte enquisa:
Se es empresa/centro/asociación/outro
Se es grupo de investigación
Documento de autorización de web e logo para empresas/centros/asociacións/outros
Documento de autorización de logo para grupos de investigación
|
|
|
Xoves, 27 de Marzo do 2008 |
Xa está aberto o Fondo Tecnolóxico, que é unha partida especial de Fondos FEDER da Unión Europea dedicada á promoción da I+D+i empresarial en España. O CDTI xunto coas Comunidades autónomas teñen sido designado para xestionar o mesmo.En Galicia estas axudas canalizaranse preferentemente a través de proxectos presentados por medio de Plataformas Tecnolóxicas.
No caso do Sector Enerxético a través de ENERXE. |
|
Ler máis...
|
|
|
Mércores, 26 de Marzo do 2008 |
Xa se atopa, na web da Consellería de Innovación e Industria, a Orde pola que se establecen as Bases dos Programas Sectoriais de Investigación Aplicada, PEME I+D e I+D Suma do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (INCITE) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. |
|
Ler máis...
|
|
|
Xoves, 27 de Marzo do 2008 |
O pasado día 24 de marzo publicouse no DOG a Orde do 3 de marzo de 2008 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións correspondentes ao Programa de promoción xeral de investigación do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite) e se procede á súa convocatoria para o ano 2008. |
|
Ler máis...
|
|
|
Venres, 28 de Marzo do 2008 |
Do día 28 ao 30 de marzo celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo o Congreso Foresgal 2008, organizado pola Consellería do Medio Rural e a Fundación Feiras e Exposicións de Lugo. |
|
Ler máis...
|
|
|
Luns, 07 de Abril do 2008 |
A OPIDi está a organizar o “Taller sobre aspectos financeiros do VII Programa Cadro” que terá lugar o vindeiro 8 de abril no edificio do CIS D&T (Ferrol). |
|
Ler máis...
|
|
|
<< Inicio < Ant. 11 12 13 Seg. > Remate >>
|
| Resultados 85 - 91 de 91 |